
Valeria Castro “El cuerpo después de todo”
Con tan solo 25 anos, Valeria Castro consolidouse como unha realidade incontestable na música en español.
Tras completar unha xira de 82 concertos con entradas esgotadas en teatros de máis de 10 países co seu primeiro álbum, Valeria presenta “el cuerpo después de todo”, o seu segundo traballo de larga duración. Producido polo oito veces gañador do Latin Grammy Carles Campi Campón (Jorge Drexler, Natalia Lafourcade, Vetusta Morla), este álbum marca un exercicio de maduración artística e persoal. En el, a de La Palma da paso a unha muller forte que enfrenta os seus medos con valentía. É un puzle de emocións que conecta cos nosos sentimentos máis profundos e durmidos. Valeria, sempre fiel á súa esencia, parece recordarnos aquela frase do escritor Antoine de Saint-Exupéry en El Principito: “Lo esencial es invisible a los ojos”.
Grabado entre México e España, este novo traballo levará a Valeria a recorrer ao menos 17 países na súa xira de presentación, culminando cun concerto no Wizink Center de Madrid, un hito que reafirma a súa posición como unha das grandes artistas da súa xeración.
Valeria acumula importantes recoñecementos, entre eles dúas nominacións ao Latin Grammy, unha nominación ao Goya e premios como “Mejor Álbum de Raíz” nos Premios MIN, o Premio ACAEM e a Medalla de Oro de Canarias.
Ao longo da súa carreira, colaborou con figuras icónicas como Julieta Venegas, Alejandro Sanz, La Oreja de Van Gogh, Silvana Estrada, Vetusta Morla, Vicente García ou Sílvia Pérez Cruz, consolidándose como unha voz imprescindible na música hispana actual.
Compra entradas para Valeria Castro “El cuerpo después de todo” en A Coruña