
A CORUÑA LIVE XPERIENCE. CARMINHO “Portuguesa”
CARMINHO
Portuguesa
Carminho, voz
André Dias, guitarra portuguesa
Flavio Cardoso, guitarra acústica
Tiago Maia, baixo acústico
Pedro Geraldes, guitarra eléctrica e lap steel
João Pimenta, mellotron
Ca produción da propia Carminho, “Portuguesa” é o sexto álbum da súa carreira.
Catorce cancións, algunhas deelas con letra e música da súa autoría, e outras de compositores e letristas da talla de Luisa Sobral, Joana Espadinha, Alfredo Marceneiro ou Antonio Campos, que son unha profunda reflexión sobre o seu concepto do fado.
Un traballo no que a intérprete explora novas combinacións dentro dos cánones, repensando as fórmulas clásicas dun xénero que é o seu medio natural aínda que para a lisboeta “no hay un nuevo fado. El fado es una lengua viva que se va transformando con las generaciones y con la forma en la que los fadistas crecen con su cultura”.
Carminho medrou rodeada do son das guitarras, sendo filla da recoñecida fadista Teresa Siqueira. Cantou en público por primeira vez aos 12 anos, no Coliseu dos Recreios, en Lisboa. Licenciada en Marketing e Publicidade, viaxou polo mundo e participou en misións humanitarias antes de dedicarse por completo á música.
En 2009 publica o seu primeiro álbum, Fado –Disco de Platino, Mellor Álbum Revelación de Fado da última década (Time Out)–, que a consolida e polo que a crítica internacional a considera incomparable pola súa voz, talento e tesón.
Seguíronlle outros éxitos como ‘Perdóname’, colaboración con Pablo Alborán que a converteu na primeira artista portuguesa en alcanzar o número un nas listas musicais españolas. Ao longo dos anos colaborou con grandes artistas como Milton Nascimento, Chico Buarque, Marisa Monte e Caetano Veloso, con quen lanzou un dueto no seu máis recente EP chamado”Carminho At Electrical Audio”, de 2024.
Cunha carreira repleta de logros, Carminho continúa o seu camiño de creación e actuación en vivo ca súa impactante voz, talento e inquebrantable dedicación artística.
Merca entradas para A CORUÑA LIVE XPERIENCE. CARMINHO “Portuguesa” en A Coruña