
Carmina Burana + Réquiem
CARMINA BURANA, Orff
RÉQUIEM, Mozart
Gran Orquestra Sinfónica e Coro
Carmina Burana – Carl Orff
Carmina Burana a obra máis famosa de Carl Orff, é un canto á vida, ao amor, ao baile, á bebida e ao hedonismo – pero sempre cun ollo posto nos designios do destino. Baseado en 24 poemas latinos medievais cuxo espírito despreocupado contrasta vivamente cos conceptos tradicionais da vida e a morte na Idade Media, esta cantata radical e potente para coro a gran escala, orquestra e solistas foi un gran éxito no seu estreo en 1937. A súa popularidade en todo o mundo dende entón converteuna nuha firme favorita entre cantantes e público por igual.
Réquiem – Mozart
O feito de constituír a única misa de defuntos do seu extenso catálogo, de ser o seu último opus, inacabado (a causa do seu falecemento) e as misteriosas circunstancias que rodearon o seu encargo e composición, edificaron a lenda e a fascinación que o Réquiem de Mozart continúa exercendo nos nosos días.