
El Lago de los Cisnes, Tchaikovsky – Petipa Tchaikovsky National Ballet
O Gran Ballet por excelencia.
Seguindo a tradición e o espírito do ballet clásico, esta suntuosa produción do Tchaikovsky National Ballet captura toda a beleza e o drama do auténtico ballet romántico, un clásico de todos os tempos que chama a todas as xeracións.
En cada unha das presentacións, a motivación principal do Tchaikovsky National Ballet é coidar as tradicións e a esencia do ballet clásico máis puro, facendo delas un festexo para os sentidos con encanto dos seus vestiarios e a vistosidade das súas decoracións; xerando un equilibrio fascinante ca perfección das súas liñas e a sobriedade das súas coreografías.
Unha cativadora historia de amor (un príncipe, una fermosa xoven transformada en cisne polo conxuro dun bruxo, un engano mortal…), o virtuoso dobre papel de Odette/Odile, a forza da música de Tchaikovsky, e un dos máis grandes pas de deux do repertorio do ballet, convirten El Lago de los Cisnes nunha experiencia única!
Un romántico entorno, unha coreografía espléndida e unha inesquecible historia de amor sentenciado combínanse para facer de El Lago de los Cisnes un auténtico ballet clásico, aclamado polo público en todo o mundo.
Durante a súa ampla traxectoria, oTchaikovsky National Ballet realizou numerosas e xeitosas xiras percorrendo os mellores escenarios de Europa.