
GRANDES DEL GOSPEL presenta CHICAGO MASS CHOIR “SWEET HOME CHICAGO”
Chicago Mass Choir, coñecidos en todo o mundo como os emabixadores do gospel, volve aos escenarios de Europa cun concerto que é unha homenaxe en clave de gospel á ciudade de Chicago.
Alí, en torno a Thomas A. Dorsey, Roberta Martin, Mahalia Jackson, The Caravans e as igrexas do South Side de Chicago, naceu e viveu a súa época de maior esplendor a música que se converteu na banda sonora da Navidade europea.
“Sweet Home Chicago”, a nova produción de Grandes del Gospel protagonizada por Chicago Mass Choir, pasa revista aos clásicos que nos anos 30´, 40´e 50’ do século XX crearon un xénero que desde os barrios negros dos Estados Unidos acabou movendo e conmovendo a públicos de todo o mundo.
Chicago Mass Choir, fundado en 1988 por James C. Chambers, emocionou a públicos de todo o mundo ca beleza das súas voces, a contaxiosa enerxía do seu ritmo e as súas conmovedoras cancións de esperanza.
Os discos de Chicago Mass Choir alcanzaron as listas de éxitos de gospel de Billboard polo menos en dezaseis ocasións.
Colaboraron cunha gran variedade de artistas en grandes produccións: Bob Dylan en Gotta Serve Somebody, Umphrey´s Mc Gee, Onirama, Dr. Bobby Jones Show e nos musicais Three Mo Tenors e The Colored Purple.
Colabora anualmente co Festival de Gospel de Chicago e actúa con regularidade no French Quarter Festival de Nueva Orleans, así como no Staple Center de Los Angeles.
Fan xiras europeas regularmente desde 2003 por Suiza, Croacia, Italia, Grecia e Alemania. En Decembro de 2011 fixeron a súa primeira xira española e presentaron o programa “Singing Gospel Christmas” en 2013.
No 2023 presentaron “BB King Sings Spirituals”, que se presentou en A Coruña cun gran éxito de crítica e público.
Merca entradas para GRANDES DEL GOSPEL presenta CHICAGO MASS CHOIR “SWEET HOME CHICAGO” en A Coruña