
OBK
O 23 de outubro de 1991 ponse á venta LLÁMALO SUEÑO o primeiro disco de OBK. A partir dese día constrúese a historia do grupo de pop-electrónico máis vendedor da historia da música en España. Dese primeiro disco vendéronse 400.000 copias e contiña éxitos como “Oculta Realidad”, “De que me sirve llorar”, “Historias de Amor” e “La princesa de mis sueños”. Durante a súa carreira editaron 15 discos, a maioría de estudio, algún recopilatorio e o último disco foi gravado en 2016 coincidindo cos seus 25 anos de carreira. OBK LIVE IN MEXICO, primeiro disco en directo de OBK na súa carreira e gravado en Cidade de México durante a súa xira por América. Un disco que faltaba na súa extensa carreira e que os fans reclamaban. Desde ese 23 de outubro de 1991 ata agora OBK pasaron máis de 30 anos, máis de 1.500.000 discos vendidos e máis de 1000 concertos entre España, Europa e Latinoamérica e esas cifras fan de OBK un dos artistas máis importantes da música en español e os seus concertos aparte dunha colección de hits, unha auténtica festa!!