
Ryan Adams
Ryan Adams, nomeado sete veces ao Grammy, é un destacado compositor de rock das últimas décadas. A súa carreira comezou en Whiskeytown (1994-2000), banda coa que lanzou tres álbumes que o posicionaron na escea do country alternativo. O seu debut en solitario con Heartbreaker (2000) consolidou o seu éxito, seguido por Gold (2001), que o converteu nunha figura clave do rock cunha estética influenciada polos anos 60 e 70. Ao largo da súa carreira, foi prolífico, lanzando unha treintena de discos, incluíndo versións de álbumes icónicos como1989 de Taylor Swift. En 2024, publicou cinco novos discos, recibindo eloxios pola súa versatilidade musical. Entre os seus admiradores están Taylor Swift, Elton John e Stephen King.