
TOON STORY
TOON STORY – A gran aventura musical do cine de animación
Prepárate para unha viaxe inesquecible ao corazón do cine de animación con TOON STORY, o novo espectáculo da Film Symphony Orchestra, a orquestra máis peliculeira do noso país. Unha homenaxe vibrante ás bandas sonoras que marcaron xeracións.
Dende a maxia de Aladdín, Pocahontas ou La Bella y la Bestia, pasando pola emoción de El Rey León, Toy Story, Shrek y Monstruos S.A., ata a épica de Cómo entrenar a tu dragón, Kung Fu Panda ou La princesa Mononoke. Un total de 70 artistas sobre el escenario, entre músicos, cantantes e unha posta en escea espectacular, darán vida a este percorrido único polo cine animado, baixo a batuta do carismático director e divulgador musical Constantino Martínez-Orts.
Unha experiencia para toda a familia.
Un espectáculo visual e musical para rir, emocionarse e cantar.
Faite cas túas entradas e vive a historia máis animada endexamais contada!
Programa:
- El Rey León
- Shrek
- La Bella y la Bestia
- Cómo entrenar a tu dragón
- Aladdín
- La princesa Mononoke
- Toy Story
- Kung Fu Panda
- Pocahontas
- Anastasia
- Monstruos S.A.
- Chicken Run
- Los Increíbles
- Ice Age
- Pesadilla antes de Navidad
- Tom y Jerry
Máis información en filmsymphony.es
Importante:
Non se recomenda a asistencia de menores de cinco anos ao espectáculo.
Non recomendado para persoas fotosensibles debido ao uso de efectos de luz.