Roberto Díaz regresa á súa cidade con SPLASH! que recala no Palacio da Ópera do 9 de decembro ao 8 de xaneiro.
O pintor coruñés Roberto Díaz regresa á súa cidade con SPLASH!, a nova mostra coa que acaba de pasar por Madrid e que agora recala no Palacio da Ópera da Coruña.
21 óleos de diferentes formatos nos que o denominador común é a figura feminina e masculina adulta antes de introducirse na auga. Unha colección que xurdiu por mor dun dos seus cadros máis coñecidos, a “Bañista” dos TITÁNS, e que agora reúne para poder gozalos todos xuntos.
A mostra poderase ver coincidindo cos eventos xa programados do propio Palacio así como en visitas guiadas polo propio artista para o público en xeral baixo reserva previa.
Do 9 de decembro ao 8 de xaneiro.